We've updated our Condicións de servizo and Política de privacidade. By continuing you agree to Tenor's Condicións de servizo and Política de privacidade.
Tenor.com traduciuse en función da configuración de idioma do teu navegador. Se queres cambiar o idioma, fai clic en .
Logotipo de Tenor
Icona de cargaCrear
Produtos
  • GIF Keyboard
  • Android
  • Socios de contido
Explorar
  • GIF de reacción
  • Explorar GIF
Empresa
  • Acerca de
  • Prensa
  • Blog
  • Preguntas frecuentes
  • Condicións e privacidade
  • Licenzas do sitio web
  • Contactar connosco
API
  • Tenor GIF API
  • Documentación de GIF API
  • Unity AR SDK
Logotipo de Tenor

Condicións de servizo de Tenor

Condicións de servizo · Política de privacidade

Última actualización: 3 de marzo de 2021

Tenor inclúe a aplicación para móbiles Tenor, o sitio web de Tenor (http://tenor.com), as extensións de Tenor e Tenor API. Tenor API pódese integrar con dispositivos ou servizos de terceiros, pero é Google quen proporciona os servizos relacionados con Tenor.

Para usar Tenor, tes que aceptar (1) as Condicións de servizo de Google e (2) as presentes Condicións de servizo adicionais de Tenor (as "Condicións adicionais de Tenor").

Le atentamente estes documentos. No seu conxunto, coñécense como as "Condicións". Neles establécese o que podes agardar da nosa empresa cando utilizas os nosos servizos e o que nós esperamos de ti.

Se as presentes Condicións adicionais de Tenor entran en conflito coas Condicións de servizo de Google, Tenor rexerase por estas Condicións adicionais.

Aínda que non forma parte destas Condicións, recomendámosche que leas a nosa Política de privacidade para entender mellor como podes actualizar, xestionar, exportar e eliminar a túa información.

1. O teu contido.

Tenor permíteche enviar, almacenar, recibir ou compartir o teu contido. Tal e como se indica nas Condicións de servizo de Google, outórgaselle a Google unha licenza sobre o teu contido. Polo tanto, se cargas contido en Tenor, podemos mostrárllelo aos usuarios e compartilo cando se solicite. Eses usuarios (entre eles os que accedan ao contido mediante Tenor API) poden velo, compartilo e modificalo.

2. Contido prohibido.

2.1 Non podes usar Tenor con ningún tipo de fin comercial nin en beneficio de terceiros.

2.2 Tal e como se explica nas Condicións de servizo de Google, queremos manter un ambiente respectuoso para todo o mundo. Ao usar Tenor, tes que seguir as nosas Políticas do programa e as normas básicas de conduta que se indican nas Condicións de servizo de Google. En concreto, ao usar Tenor non podes facer o seguinte:

a. Enviar, almacenar nin compartir contido que:

i. infrinxa ou fomente calquera conduta que poida infrinxir a lexislación aplicable ou os dereitos de alguén (por exemplo, calquera contido que incumpra, se apropie indebidamente ou viole os dereitos de propiedade intelectual, de publicidade ou de privacidade doutra persoa);

ii. conteña datos persoais ou información de contacto doutra persoa sen a súa autorización previa;

iii. promova actividades ou substancias ilegais ou daniñas;

iv. sexa fraudulento ou enganoso;

v. sexa falso ou difamatorio;

vi. sexa obsceno ou pornográfico;

vii. promova ou constitúa discriminación, intolerancia, racismo, odio, acoso ou dano contra unha persoa ou un grupo;

viii. sexa violento ou ameazador, ou ben promova a violencia ou accións que resulten ameazadoras para algunha persoa, grupo ou organización;

b. Enviar publicidade, materiais promocionais ou comunicacións non solicitados ou non autorizados (por exemplo, correos electrónicos, correos, spam, cadeas de mensaxes ou outras solicitudes).

2.3 Calquera contido que se considere inapropiado, ilegal ou incompatible restrinxirase ou quitarase. Usamos unha combinación de sistemas para identificar e avaliar os contidos xerados ou cargados nos nosos servizos que incumpran as nosas políticas, como estes termos e as Condicións de servizo de Google, así como a lexislación vixente. Non obstante, somos conscientes de que ás veces cometemos erros. Se consideras que o teu contido non infrinxe estas condicións ou que se quitou debido a un erro, podes presentar unha apelación.

É posible que se che restrinxa o uso do noso servizo ou que se suspenda ou cancele a túa conta nos seguintes casos:

  • Se incumpres estas condicións de forma substancial ou repetida.
  • Estamos obrigados a facelo para cumprir cun requirimento legal ou unha orde xudicial.
  • Se temos motivos razoables para crer que a túa conduta ocasiona danos ou a aplicación de responsabilidades a un usuario, terceiro ou Tenor (por exemplo, ao piratear, realizar phishing, acosar, enviar spam, enganar outros usuarios ou extraer contidos que non che pertenzan, así como ao presentar, almacenar, compartir ou enviar contido prohibido de calquera tipo).

Para obter máis información sobre por que desactivamos as contas e o que ocorre cando o facemos, consulta este artigo do Centro de Axuda. Se cres que a túa Conta de Tenor se suspendeu ou cancelou debido a un erro, podes presentar unha apelación.