As principais marcas do sector do entretemento e quen fai narrativa de marca usan Tenor para publicar contido oficial e interactuar cos fans. Crea un perfil verificado para xestionar os GIF e adhesivos, e asegurarte de que a túa marca se represente tal e como queres.
Coa confianza de máis de 8000 socios de todo o mundo.
Destaca cunha marca de verificación e unha páxina de perfil da túa marca.
Colabora co equipo de Tenor para preparar e optimizar a túa mediateca en función das estatísticas de rendemento.
Conecta coa audiencia usando a linguaxe dos GIF, dos adhesivos e dos memes.
O equipo de éxito dos socios de Tenor traballará cóbado con cóbado contigo para crear e seleccionar contidos expresivos axeitados para fomentar a interacción dos consumidores nas mensaxes entre dispositivos móbiles. Integraremos o teu contido no noso sistema e optimizarémolo para dispositivos móbiles. Tenor relacionará o teu contido con termos de busca relevantes e mostrarao cando os nosos usuarios busquen o GIF perfecto para contarlles o que pensan e senten á súa familia e amizades.
Primeiro paso: Falemos! Contacta connosco agora para conseguir unha maior base de fans mediante o intercambio de GIF en dispositivos móbiles.